5 dic 2012

Proxecto "Campaña publicitaria da comarca de Lemos"

A idea principal deste proxecto é

Concienciar ao alumnado sobre as posibilidades turísticas, de ocio e consumo, gastronómicas, culturais, socioeconómicas, etc. existentes na nosa contorna e a publicidade que sobre o tema atopamos na actualidade.
Enmárcase dentro do marco do Plan Proxecta convocado pola Consellería de educación, e mais concretamente, dentro do programa Galicóns-net.

Metodoloxía 

Tratase de elaborar pequenos proxectos con grupos de traballo formados por un número de alumnos entre tres e cinco, que en conxunto conformarán o proxecto global. Cada grupo pescudará distintos aspectos da contorna local susceptibles de formar parte dunha actividade de ocio, co obxectivo final de elaborar unha campaña publicitaria promocional. 
Para elo estudaranse con sentido crítico campañas publicitarias reais e informacións dos medios de comunicación relacionadas co sector turístico, tentando non caer nos estereotipos de xénero, exclusión social, etc. Todo isto mediante un enfoque multidisciplinar no que profesores das materias implicadas abordarán distintos aspectos da campaña a elaborar dentro do seu currículo, e no que as tecnoloxías e as redes sociais xogarán un papel destacado.

Idioma

Empregaranse indistintamente os idiomas galego e castelán, déixase a elección ao profesor e ao alumno que fai a entrada do blog.

Avaliación

A integración do proxecto dentro da programación de aula fai que sexa avaliado dentro das tarefas de clase e polo tanto pase a formar parte dos contidos procedimentais. 
Na avaliación participarán os alumnos de xeito activo, mediante a autoavaliación e tamén mediante a avaliación das tarefas feitas polos compañeiros, a partir dos indicadores que o profesorado acorde para as distintas actividades.

Dividimos o proxecto en tres fases:

Primeira fase: Contidos sobre a publicidade

Traballo na aula sobre a publicidade, que é, cales son as principais estratexias, como se planifica unha campaña publicitaria ... enfocado dende distintas materias: matemáticas, lingua, plástica, etc.
Para elo empregaranse entre outros as unidades os materiais do MEC.

Segunda fase: Traballo de campo

Estudo da publicidade existente neste intre da comarca de Lemos: webs, ...
  • ¿Están representados os principais aspectos da comarca (platos típicos, paisaxe, ...)?
  • ¿Está suficientemente difundida?
  • ¿A qué sector da poboación se dirixe?
Estudo de mercado, ¿qué sabe a poboación de Monforte sobre a súa contorna?

Terceira fase: Posta en práctica

Elaboración da nosa campaña. Reparto de tarefas entre os distintos cursos e elaboración de carteis, anuncios para prensa e radio, e anuncio en video.